Burato de verme

En física, un buraco de verme, tamén coñecido como unha ponte de Einstein-Rosen, é unha hipotética característica topolóxica do espazo-tempo, descrita polas ecuacións da relatividade xeral, a cal é esencialmente un "atallo" a través do espazo e o tempo. Un buraco de verme ten polo menos dous extremos, conectados a unha única "gorxa", podendo a materia viaxar dun extremo a outro pasando a través desta. Neste sentido é unha actualización da decimonónica teoría dunha cuarta dimensión espacial que supoñía -por exemplo- dado un corpo toroidal no que se podían atopar as tres dimensións espaciais comunmente perceptibles, unha cuarta dimensión espacial que reduciría as distancias... e así os tempos de viaxe. Unha forma mais sinxela e esquemática de simular un burato de verme é considerar unha estrutura formada por dous funiles tridimensionais unidos pola zona mais estreita mentres as bocas dos funiles están unidas a unha superficie bidimensional curvada (que fai as veces do espazo tridimensional ordinario). No presente a Teoría de cordas admite a existencia de máis de tres dimensións espaciais, pero as outras dimensións espaciais estarían compactadas a escalas subatómicas (segundo o modelo topolóxico de Kaluza-Klein), polo que parece moi difícil (diríase "imposible") aproveitar tales dimensións espaciais "extra" para viaxes no espazo e no tempo. Cando unha estrela superxigante vermella explota, bota materia ao exterior, de xeito que remata sendo dun tamaño inferior convertese nunha estrela de neutróns de superar a masa da estrela o límite de Chandrasekhar. Mais tamén pode ocorrer que se comprima tanto que colapse aínda máis e desapareza deixando un burato negro no lugar onde se atopaba, ao superar a masa da estrela o límite de Tolman–Oppenheimer–Volkoff . Este burato tería unha gravidade tan grande que nin sequera a radiación electromagnética podería fuxir do seu interior. Estaría arrodeado por unha fronteira esférica, chamada horizonte de sucesos. A luz traspasaría esta fronteira para entrar, mais non podería saír, polo que o burato visto dende grandes distancias debería ser completamente negro (aínda que Stephen Hawking postulou que certos efectos cuánticos xerarían a chamada radiación de Hawking). Dentro do burato, os astrofísicos conxeturan que se forman unha especie de cono sen fondo. En 1994, o telescopio espacial Hubble detectou a presenza dun burato moi denso no centro da galaxia elíptica M87, pois a alta aceleración de gases nesa rexión indica que debe existir un burato negro supermasivo, cunha masa equivalente a 3500 millóns de soles. Dentro de miles de millóns de anos, este burato poderia absorber á galaxia enteira.


Developed by StudentB